
Escudo:
Nun principio utilizouse o escudo do Atlético de Aviación (At. Madrid) feito por Ito de Roca, de ahí que actualmente se conserven as bandas laterais no escudo actual.
Inicios:
O Celta Barreiros foi fundado en 1942 - 1943
Nesta primeira andadura do Celta Barreiros o presidente era Carlos Lanza Amor (Carlos do Celeirao), de Vocales estaban Antonio de Palmeiro e Rafael do Ferreiro e como primeiro Utillero estaba Arsenio do Zoqueiro
O Campo donde se xogaron os primeiros partidos foi bendecido alá polo ano 1944-1945, sendo madriña Cuca de Díaz
O Primeiro Partido disputado polo Celta Barreiros enfrentouno contra o Club de Fútbol de Ribadeo, reforzado ese ano con Cubelo (Xogador da Gimnástica Lucense de 3ª División), Nicasio e Tocho de D. Eugenio
A aliñación presentada polo Celta neste primeiro encontro foi a seguinte:
Porteiro: Pepe do Café (Cafetero)
Defensa: Pepe de Casanova – Pepe do Cochero (José)
Medios Centros: Manuel do Cochero – Oscar Perdiguero – Kiko Xusto
Extremo Dereito: Raimundo Linares
Interior Dereito: Mana Aviertos (Mañente)
Dianteiro Centro: Carlos de Veiga (Villaronte)
Interior Esquerdo: Ricardo de Casanova
Extremo Esquerdo: Germán de Cendán
Adestrador: Alejandro García Amor
Masaxista: Abraido
Nos seus inicios os vestiarios eran na Casa de Oscar e os xogadores duchabanse con “Auga do Pozo”, daquela os xogadores limpiaban as botas con “sebo de carneiro”, mentras que a roupa era enviada a lavar polo utillero a María da Perdiguera
Cando se ganaba un partido os xogadores e directivos eran invitados a comer en Casa de Óscar, mentras que cando se perdía….
Según foron avanzando os anos, o vestiario cambiou de ubicación pasando a ser o Local da Falange (o que actualmente é Librería Miguelín)
O Transporte realizabase en “A Rubia”, que desprazaba aos xogadores hasta o campo de xogo e o chofer era Pepe do Bagullo que conducía coas botas de fútbol postas (“é daballe que conducir de carallo”). Como anécdota decir que “na Rubia” collían ata 40 persoas
Grazas a Actualidad Barreiros